Friday 03 de May de 2024

Miño abre a convocatoria de bolsas de comedor e axudas para adquirir material escolar para o próximo curso


• As persoas interesadas poderán presentar solicitudes no Rexistro do Concello ata o 25 de xuño.

O Concello de Miño acaba de abrir a convocatoria de bolsas de comedor e para a adquisición de libros e material escolar para o curso 2021/2022. O prazo para acollerse ás subvencións comeza o 19 de maio e finalizará o próximo 25 de xuño.

As bases de ambos os procesos aparecen recollidas no Boletín Oficial da Provincia e están ao dispor de todos os veciños na Sede electrónica do Concello e nas redes sociais municipais.
Entre os requisitos para optar ás bolsas comedor está contar cunha renda per cápita familiar que non exceda os 9.000 euros anuais e permanecer escolarizado no CPI Castro Baxoi cursando educación Infantil (de 3 a 5 anos), Primaria ou Secundaria (de 6 a 16 anos).

Mantéñense os mesmos requisitos económicos no caso das axudas para adquirir material escolar, que estarán dispoñibles para o alumnado de Infantil e Bacharelato pertencentes a centros públicos de Miño.
Todas as solicitudes deberán presentarse no Rexistro do Concello xunto á documentación esixida nas bases ata o próximo 25 de xuño. Para máis información e consultas está habilitado o número 981 782 006.